Protagonistas na Transición: Celso Montero Rodríguez (1930-2003)


Nacido en Quintela de Leirado en 1930, foi membro do goberno pre-autonómico galego e senador do PSOE pola provincia de Ourense. Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial, as penurias económicas determinaron que estudiara no Seminario de Ourense. Ordenado sacerdote, estudou a carreira eclesiástica na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1965, no seminario de Cochabamba (Bolivia) coincidiu con compañeiros que se unirían á guerrilla que iniciara o Ché Guevara. Os seus contactos co marxismo foron da man de Régis Debray, pero unha decepcionante visita a La Habana en 1969 fano reflexionar sobre os seus posicionamentos políticos. Xa de volta en Ourense abandona os hábitos por mor de certos enfrontamentos co conservador bispo Monseñor Temiño. En 1976, da man do xornalista Alfonso Palomares e outros compañeiros da provincia fundou e organizou o PSOE ourensán. Foi un dos catro representantes socialistas galegos na Lexislatura Constituínte (1977-1979) procedente da Candidatura Democrática Gallega no Senado e ata 1989 foi o senador máis votado por Ourense (Lexislaturas I, II e III). Tamén foi Conselleiro de Traballo na Xunta Provisional de Galicia (1978-1979) e Deputado Autonómico tras as eleccións de 1981. En 1991 foi nomeado Vicevaledor do Pobo. Faleceu o 18 de xuño de 2003.

FONTES:


Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz