Leonardo Álvarez Álvarez: o concelleiro socialista trivés vítima da mesquindade.

Casado, veciño de Pena Foleche (Póboa de Trives), canteiro de profesión, concelleiro socialista desde as eleccións de 1931 ata marzo de 1936 e voceiro da Agrupación Socialista.  Foi vítima da Lei de Fugas aplicada pola Guarda Civil a milicianos. Este home, fuxido desde os primeiros instantes da sublevación, foi sorprendido nas inmediacións da súa aldea o 30 de outubro de 1938 por varios Gardas Civís e soldados pertencentes á liña de Trives, sendo capturado cando pretendía darse á fuga.Segundo a súa familia foi delatado por un veciño que días antes tentara afacerse coas súas terras por un prezo irrisorio. Unha vez esposado, e segundo o atestado da G.C., pretende fuxir, recibindo catro disparos en distintas partes do corpo que lle producen a morte instantánea. Deixaba atrás unha viúva e oito fillos, o máis pequeno de sete meses e o maior de 19 anos. A súa esposa e fillos sufrirán posteriormente a raiba dos fascistas, vivindo violentos episodios en nocturnos rexistros domiciliarios. Leonardo foi asasinado cando contaba con  44 años de idade.


FONTES:


AHPOU, TRRP, C-7190. 
Registro Civil Trives-38v 
Prada, J (2004): Ourense 1936-1939, Alzamento, guerra e represión. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, p. 478.
Testimonios familiares

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz