Alfonso Quintana Pena: Deputado socialista por Ourense nas Cortes republicanas

Alfonso Quintana Pena coa súa esposa en compaña de Manuel Suárez Castro tras un mitin en 1931 na Casa do Pobo de Ourense. Nacido en Viveiro (Lugo) o 14 de xaneiro de 1897, estudou Bacharelato no Instituto Provincial de Lugo e licenciouse en Dereito no ano 1928 pola Universidade Central de Madrid. En 1922 participou na organización da Agrupación Socialista de Viveiro, pero un ano despois incorporouse ao Exército de Operacións de España en África, onde cumpliu o seu servizo militar e permaneceu voluntariamente catro anos máis. Ao seu regreso instálase en Ferrol, ingresando na Sociedade de Oficios Varios da UGT en 1930 e saíndo elixido concelleiro nas eleccións de abril de 1931, proclamando a República desde o balcón da Casa Consistorial. Representou ás Agrupacións Socialistas de Ferrol e Neda (A Coruña) no Congreso Extraordinario do PSOE de 1931. Nas eleccións Xerais de 1931 concorreu como candidato a Cortes por Ourense, saíndo elixido Deputado. Formou parte entón da Comis...