Senén Dávila Araujo (1882-1968). Un socialista do Ribeiro.
Senén Dávila Araujo, natural e veciño de Ribadavia, naceu o 08 de febreiro de 1882. Carpinteiro de profesión, foi membro da Agrupación Socialista de Ribadavia. Ao triunfar o golpe de Estado de xullo de 1936 foi detido o 14 de novembro e condenado a morte en Consello de Guerra. Finalmente a súa pena foi conmutada por unha pena de 30 anos de reclusión en xaneiro de 1937. Estivo interno na prisión de Celanova, na Prisión Provincial de Ourense e desde o 14 de xullo de 1937 no centro penitenciario de San Cristóbal de Pamplona (Navarra), do cal saíu en liberdade condicional o 14 de febreiro de 1943. Faleceu na súa terra natal no ano 1968.
FONTES:
- Fundación Pablo Iglesias: Diccionario biográfico del socialismo español, consultado en: http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico